Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela aposta pola saúde e benestar coas actividades que fomentan o envellecemento activo.

Concello de Redondela
06-09-2023
0
O Concello de Redondela aposta pola saúde e benestar coas actividades que fomentan o envellecemento activo.

A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Redondela, xestionada por Pilar Martínez, segue apostando pola saúde e benestar dos veciños e veciñas, polo que se retoman as actividades que fomentan o envellecemento activo. Actividades que estimulan a mente e manteñen activo o corpo, voltan as parroquias do municipio redondelá sendo accesibles para todas as persoas maiores de 55 anos, xa que seguen sendo gratuítas.

"Esperta a túa Mente" abríu o prazo de matrícula o 1 de setembro sendo o último día para a súa inscrición o vindeiro día 15. O comezo deste obradoiro será o 20 de setembro e contará con tres grupos no Multiúsos da Xunqueira (Redondela), os mércores (de 09.30 h a 10.45 h) e os venres dous grupos, un de e 09.30 h a 10.45 h e outro de 11 h a 12.15 horas. En Chapela, as clases serán os xoves con dous horarios, de 10 h a 11.15 horas e de 11.30 h a 12.45 horas. Compre destacar tamén que o Concello imparte esta actividade en once asociacións veciñais de todo o municipio retomándose xa a partir do día 12 se setembro tralas vacacións estivais.

"Maiores en Forma" é outro dos programas estrela desta concellaría. Abrirá o seu prazo de matrícula entre os días 18 e 28 de setembro para comezar as actividades no mes de outubro. As prazas serán adxudicadas por estrita orde de inscrición e as actividades se desenvolverán en Redondela, Chapela, Cabeiro, Quintela, Reboreda, O Viso (Saramagoso) e Ventosela.

"A nosa prioridade é a de proporcionar as ferramentas para poder coidar a saúde física e mental das persoas maiores, achegalas ao seu entorno e que sean accesibles sen distincións para todas e todos". Palabras da alcaldesa Digna Rivas que reafirman o seu compromiso de manter as actividades gratuítas ou con prezos adsequibles, como é o caso das Visitas Culturais e de Lecer que comezan o mércores 13 de setembro ao Norte de Portugal (inscrición ata o venres 8 de setembro nas oficinas de Turismo da Rúa Isidoro Queimaliños).

Os exercizos cognitivos axudan a retrasar os efectos negativos do proceso de envellecemento, por iso é tan importante que as persoas maiores se manteñan activas e se o fan no seu entorno
favorécese o desenvolvemento igualitario de todas as persoas