Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Actividades deportivas nas praias de bandeira azul

Concello de Redondela
18-07-2018
0
Actividades deportivas nas praias de bandeira azul

O Concello de Redondela, xunto coa Asociación Cultural e Social de Chapela, chegado o verán presentan  un proxeto de animación nas praias de Arealonga e Cesantes, durante os meses de xullo e agosto.

A praia ademais dun espazo de lecer para toda a familia, pode converterse nun ximnasio, unha pista de baile, ou no mellor escenario para divertirse só, en parella e/ou por suposto con nenos/as, realizando diversas actividades tanto deportivas como lúdicas que faciliten a desconexión coa tensión diaria.

O proxeto propón as seguintes actividades:

  • AQUAGYM
  • XIMNASIA multidisciplinar
  • ZUMBA
  • BAILE INFANTIL

Todas elas aptas para toda a familia sen límite de idade nin de participantes.

Os datos concretos destas actividades son:

ACTIVIDADES DE BALDE E SEN NECESIDADE DE INSCRICIÓN

Calendario/Horario:

De LUNS a VENRES dende o 16 de XULLO ata o 7 de SEPTEMBRO en horario de 18:30 a 20:00 h aproximadamente, coa seguinte proposta:

    

Praia Arealonga

Praia Cesantes

Luns

AQUAGYM ZUMBA

Martes

ZUMBA XIMNASIA

Mércores

XIMNASIA BAILE

Xoves

BAILE AQUAGYM

Venres

XIMNASIA

XIMNASIA

 

Ubicación:

Praias de Arealonga (Chapela) e Cesantes

Recursos humanos:

As actividades realizaranse con monitores altamente cualificados e con ampla experiencia na/s disciplina/s que imparten, así como o equipo de apoio adecuado á demanda da actividade.

Os educadores principais disporán da formación requirida en cada momento pola lexislación vixente.