Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela pide a implicación das administracións e a sociedade na loita contra a violencia machista

Concello de Redondela
27-11-2023
0
O Concello de Redondela pide a implicación das administracións e a sociedade na loita contra a violencia machista

A praza do Concello de Redondela acolleu este sábado ao mediodía o acto institucional co gallo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O acto comezou cun minuto de silencio polas mulleres asasinadas a mans da súas parellas ou ex parellas, “cifra que non deixa de medrar” como lembrou a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa. A actriz Arantxa Treus abriu a conmemoración coa representación de “Marcho que teño que marchar”. A lectura da declaración institucional correu este ano a cargo do equipo feminino do Club de Remo Cesantes, que uniron as súas forzas para “remar xuntas contra esta lacra”. A asamblea feminista Paxaretas tomou tamén a palñabra para amosar o seu rexeitamento á violencia machista e denuniciar a “normalización” que se fai dela en parte da sociedade e os medios de comunicación.

A alcaldesa, Digna Rivas, foi a emcargada de pechar o acto. Advertiu no seu discurso que “a violencia contra a muller existe, e non retrocede” e reafirmou “o compromiso do goberno local coa erradicación da violencia de xénero” ao tempo que pediu o compromiso de todas as administracións e toda a sociedade “porque só remataremos con este tipo de violencia traballando unidos”. Lembrou que segundo feminicidio.net xa son 93 as mulleres asasinadas este ano, e son 51 os orfos e orfas da violencia de xénero só neste 2023. Rivas sinalou que “é tarefa de todos e todas acabar co terrorismo machista” e lembrou o lema da campaña do Concello de Redondela este ano, que é “implícate contra a violencia machista”.

Danza na Rúa contra a Violencia Machista

A concellería de Igualdade lembra que as actividades co gallo do 25N continuaron o domingo, día 26, diante do convento de Vilavella co espectáculo Danza na Rúa contra a Violencia Machista, unha "flashmob" participativa con todos os grupos de baile do municipio á que está convidada a participar toda a veciñanza.