Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Adiación da Feira de Redondela ao 13 de Setembro

Concellaría de Feiras e Mercados
05-09-2020
0
Adiación da Feira de Redondela ao 13 de Setembro

A feira de Redondela adíase ao 13 de setembro ao coincidir o día 6 co Festival Internacional de Títeres

Os postos serán distribuídos entre o seu emprazamento habitual é a alameda de Redondela

Redondela, 3 de setembro de 2020

A feira de Redondela que, tradicionalmente celébrase os días 6 e 21 de cada mes, pasará a celebrarse o vindeiro día 13 de setembro, ao coincidir o día 6 co Festival Internacional de Títeres, e que imposibilitaba a súa celebración.

O domingo 13 de setembro e para permitir que os postos poidan manter a distancia de seguridade recomendada entre eles, estes serán distribuídos entre o seu lugar habitual e parte da Alameda Castelao.

A medida, sinala o Concello de Redondela, estaba xa prevista, estudada e decidida dende hai tempo de acordo co servizo de Urbanismo, habida conta do inicio do curso en setembro e que a Avenida Mendiño é lugar de paso obrigado para o transporte escolar. Nese sentido, a redistribución de postos en parte da Alameda Castelao era, por tanto, “unha decidida hai tempo”, apunta a alcaldesa Digna Rivas.

“A seguridade dos veciños e veciñas nunha pandemia que está aí e que, por moito que queiramos pensalo, nin desapareceu nin se aminorou, fai necesario que o Concello adopte todas as medidas precisas, as veces incómodas, para garantir a seguridade sanitaria dos seus veciños e veciñas que ten que ser a nosa prioridade”, explica rexedora redondelá.

En todo caso, o Goberno local subliña que as medidas que se vaian tomando para adaptar a feira de Redondela a 'nova normalidade', “dependerán sempre da evolución da pandemia da COVID-19 e das recomendacións e directrices vaian marcando as autoridades sanitarias tanto da Xunta de Galicia como do Goberno da nación”.

Digna Rivas agradeceu o traballo realizado polo concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, “que fixo que Redondela fora un referente para outros municipios á hora desenvolver as súas feiras en tempos de pandemia garantindo, en todo momento, tanto a seguridade das usuarias e usuarios coma a das vendedoras e vendedores”.