Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello continúa co Programa municipal de adopción felina

Concello de Redondela
22-08-2023
0
O Concello continúa co Programa municipal de adopción felina

RIU leva 15 días na casa de acollida, contan que é moi xogueton e a súa vez moi cariñoso "o rei dos colos" afirma. Dalle unha portunidade e adopta a RIU pecha o círculo para ter acollida para outro animal abandonado. O Concello de Redondela iniciou un programa de adopción felina para os animais rescatados na rúa que precisan un fogar e coidados, de forma transversal as Concellerías de Medio ambiente e a Concellería de Sostibilidade están poñendo todos os medios humanos económicos dispoñibles para levar a cabo o programa, pero falta a cousa máis importante...
Sen ti o benestar animal non é posible, pecha o círculo e adopta e,se eres unha persoa propietaria dun gato ou unha gata esteriliza para evitar os abandonos. Lembra que a partir do mes de setembro entra en vigor a nova lei de benestar animal, que obriga as persoas propietarias de gatos a telos esterilizados e identificados con microchip.