Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Álbum de Lembranzas de Redondela. Covid-19

Concellaría de Participación cidaná
31-03-2020
0
Álbum de Lembranzas de Redondela. Covid-19

A Concellaría de Participación cidadá invita á veciñanza de Redondela a crear, entre tod@s, un album de debuxos, fotografías, escritos, creados nesta etapa de corentena.

Todas as creacións serán subidas á web, facendo así un Álbum de lembranzas que quede na web do Concello para poder ser revisado, nun futuro, cando a batalla contra o COVID forme parte do noso pasado.

As instruccións son ben sinxelas:

Mandar o debuxo, a fotografía, o escrito, xunto co nome do/a autor/a  (de 0 a 150 anos) á dirección de mail quefacerenredondela@redondela.gal 

Todas as creacións subiranse, co nome das persoas propietarias, á páxina web do Concello de Redondela. Crearase deste xeito un álbum de fotos, de debuxos, de ideas, escritos que xiran en torno a un mesmo tema: o tempo que estivemos facendo o esforzo de cambiar as nosas rutinas, de quedar na casa, para vencer unha pandemia sanitaria.

Redondela é Participación

A Concellaría de Participación cidadá pretende mediante esta iniciativa:

- Animar á veciñanza a realizar traballos artísticos cos que encher positivamente o seu tempo de confinamento, de creatividade.

- Centrarse na idea de que este período de corentena, aínda que duro, é temporal.

- Visualizar o sentido global e social que ten este esforzo.

- Deixar unha pegada construida entre tod@s, na nosa Historia.

- Ter a opción de visualizar, sempre que se quera, un álbum de lembranzas de Redondela.

#euquedonacasa

 

Cartel Album de Lembranzas