Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Goberno de Redondela dará comenzó ao acendido de Nadal este fin de semana

Concello de Redondela
28-11-2019
0
O Goberno de Redondela dará comenzó ao acendido de Nadal este fin de semana

O acendido do alumeado de Nadal farase o venres 29 de novembro en Redondela para facelo coincidir co Black Friday “é contribuír á dinamización do comercio de proximidade”, sinala a alcaldesa Digna Rivas

O Concello de Redondela ultima nestes días o alumeado e decoración do Nadal, unha decoración na que os máis pequenos e pequenas terán un especial protagonismo coa casa de "Papa Noel"e que se dará a coñecer en breves.

En todo caso, o Goberno local xa adiantou que a data do acendido do alumeado de Nadal farase, en Redondela, o venres 29 de novembro e en Chapela, un día despois, o sábado 30 de novembro.

A posta en marcha o alumeado de Nadal en Redondela faise coincidir, polo tanto e de acordo coa Asociación de Empresarios de Redondela, do Black Friday, unha das xornadas importantes para o comercio local. “Como administración local temos a obriga de poñer todos os medios ao nosos alcance para, en colaboración coa Asociación de Empresarios, contribuir á dinamización do comercio de proximidade, un dos motores económicos do municipio”.

Doutra banda, o alumeado de Nadal estenderase a todas as parroquias de Redondela, “que nin poden, nin deben quedar fora de calquera actividade que organice o Concello”. Dese xeito alumearanse os lugares máis emblemáticos de cada parroquia para o Nadal chegue “a todo o municipio”, sinalan dende o Goberno local.

A alcaldesa Digna Rivas subliñou o feito de que, o alumeado de Nadal, tivo que facerse “de acordo co contratado polo anterior Goberno, xa que a contratación era por dous anos, e pese a iso, atopamos o xeito de que tamén chegue aos veciños e veciñas das nosas parroquias para que, este Nadal, sexa realmente para todos e todas”.

O alumeado de Nadal este ano estará definido polos criterios de eficiencia enerxética, as luces apagaranse unha hora antes que o ano pasado.
A Concellería de Medio ambiente e o seu concelleiro Roberto Villar, impulsaron medidas para axustar os horarios de acendido para, en total, conseguir un descenso no consumo,evitando a emisión á atmósfera de toneladas de monóxido de carbono.
O horario do acendido entre el 29 de novembro e o 22 de Decembro será , de 18.00 a 24.00 horas e do 23 de Decembro ao 6 de Xaneiro rematará a unha da mañá en vez das dúas, como sucedía en anos anteriores.