Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Ampliación de prazos consulta pública

Concellería Participación Cidadá
18-06-2020
0
Ampliación de prazos consulta pública

A veciñanza, as organizacións e as asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos relativos a proposta modificación do Regulamento dos Consellos Parroquiais, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


Con data do 27 de febreiro de 2020 publicouse o Anuncio polo que se iniciaba o prazo de quince días hábiles para que se puideran realizar as alegacións á proposta de borrador do Regulamento dos Concellos Municipais Parroquiais.


Con data do 14 de marzo de 2020 se procede á declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 o que motivou a suspensión dos prazos administrativos.


Posto que segue vixente o estado de alarma, que implica a obriga do cumprimento de diversas medidas, das cales algunhas afectan ao normal funcionamento da administración ao ter que solicitar cita previa para a atención á cidadanía, sexa para realizar consultas como para a presentación dos seus rexistros, citas que se demoran no tempo debido ao inicio da actividade administrativa e do cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias, polo que se considera que debe procederse á reiniciarse o prazo para a presentación de alegacións.


Abonda nesta decisión a circunstancia de que o inicio do prazo non perxudica os intereses de ningunha persoa, nin de ningún colectivo, e pola contra beneficia a toda a cidadanía e aos colectivos afectados ao dispoñer de maior tempo para poder presentar alegacións a través dos medios establecidos legalmente. Resolvese a Ampliación do prazo da consulta Pública para participar na proposta modificación do Regulamento dos Consellos Parroquiais, durante o prazo de 15 días.

 

ANUNCIO

RESOLUCIÓN