Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Ecoloxistas en Acción analizan a situación das Praias de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
05-08-2020
0
Ecoloxistas en Acción analizan a situación das Praias de Redondela

O grupo "Ecoloxistas en Acción" púxose en contacto co Departamento de Medioambiente do Concello de Redondela coa intención se seren informad@s sobre a liña de actuación que se está a levar no coidado medioambiental das praias do municipio.

Por esta razón mantiveron, a tarde do Martes 4 de Agosto, un encontro co Concelleiro de Medio ambiente, D. Roberto Villar, para achegarse ás novas políticas medioambientais desenroladas polo actual equipo de goberno en relación á retirada das algas das Praias de Cesantes e Arealonga.

O Concelleiro acompañounos a visitar a contorna e explicoulles cal era a intención da política aplicada, así coma o rexeitamento que por patre de moita cidadanía se está a dar. 

A bióloga mariña que formou parte da visita realizou unha serie de preguntas a D. Roberto Villar, e analizou a situación medioambiental da praia dea Punta de Cesantes.

Hoxe, 5 de Agosto, o grupo realizou un comunicado vía twiter:

Transcrito di: 

"Atopámonos na praia de Cesantes do Concello de Redondela, dimos un paseo acompañados polo Concelleiro de medioambiente. Estivo explicándonos cómo se organiza a limpieza de praias neste concello. Desde Ecoloxistas en acción queremos apoiar este tipo de xestión. Trata de ser respetuosa com medio. A xente ten que pensar que as praias non son espacios artificiais, son espacios naturais.

O ciclo das algas é un ciclo ecolóxico natural: as algas arriban ás praias, teñen un proceso natural de descomposición, eso aporta nutrintes á praia, e ademais evitan a erosión, porque conseguen que non se perda tanta area. Do mesmo modo que nun bosque a capa de follas que queda no chan é imprescindible para o mantemento dos ecosistemas e das redes tróficas, o mesmo ocurre nas praias, as algas constitúen os nutrintes necesarios, o alimento necesario para todas esas especies, incluso as especies marisqueiras. Se privamos as praias desas algas o único que facemos é empobrecelas, e facer uns espacios mortos, desérticos.

Desde Ecoloxistas en acción aplaudimos este tipo de iniciativas e animamos a outros Concellos a que tomen exemplo"