Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Andaina mobiliza os centros educativos e comercios de Redondela cunha Chocolatada Solidaria

Concello de Redondela
12-11-2022
0
Andaina mobiliza os centros educativos e comercios de Redondela cunha Chocolatada Solidaria

O Concello de Redondela colabora na campaña de mobilización de Andaina co obxectivo de acadar os 4000 euros necesarios para a instalación no seu centro educativo dunha cociña para o módulo formativo de hostalería dos alumnos do Programa de Prelaboral. O Concello de Redondela colabora na campaña de mobilización da Chocolatada Solidaria da asociación Andaina, axudando a súa expansión e publicidade por toda a contorna. Ten como obxectivo acadar os 4000 euros necesarios para a instalación no seu centro educativo dunha cociña para o módulo formativo de hostalería dos alumnos do Programa de Prelaboral. Para facelo, organizan un reto solidario en colaboración con Pegadas con alma, unha asociación redondelá dedicada a recadar fondos de forma altruísta.

“Andaina e Pegadas con Alma están facendo unha labor solidaria para mellorar a calidade da educación dos rapaces e rapazas do municipio con necesidades especiais. Consideramos este tipo de accións imprescindibles, polo que loitaremos para facelo posible”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

O desafío consiste en mobilizar a poboación para organizar distintas chocolatadas durante as datas de nadal, nas que a xente da contorna poderá doar cartos para Andaina e gozar dunha cunca de Chocolate quente e un petisco doce. A intención da campaña é sumar a participación das escolas, centros deportivos, centros culturais, empresas e comercios da contorna para que colaboren de forma libre.

A iniciativa aínda está na súa fase inicial, polo que precisa que se impliquen o maior número de centros e empresas posibles. As datas para celebrar a merenda poden variar segundo a necesidade de cada colectivo, pero a idea e que sexa preto do nadal, momento consideran idóneo para este tipo de actividades.

É necesario que cada centro encárguese da súa propia elaboración do chocolate e o donativo por cada cunca escólleo cada organizador, encontrando un balance no que consideren apropiado. Aqueles centros educativos ou empresas que prefiran almorzar ou merendar con outro alimento que non sexa o cacao, poden organizalo da mesma forma. Dende Andaina poden facilitar o contacto dun cátering ou provedor, así como os carteis. Para inscribir o teu centro só tes que enviar un correo a: asociacionandainaredondela@gmail.com