Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Confederación ANPAS GALEGAS presenta en Cabeiro un estudio da necesidade dun plan educativo específico para o rural galego.

Federación de ANPAS de Redondela
07-06-2023
0
A Confederación ANPAS GALEGAS presenta en Cabeiro un estudio da necesidade dun plan educativo específico para o rural galego.

A Federación de ANPAS de Redondela compracese en convidar á cidadanía ao acto que, o vindeiro mércores 14 de xuño, organiza no Centro Socio Cultural Recreativo de Cabeiro xunto a Confederación ANPAS GALEGAS “ Por un plan específico para o rural galego”. A Confederación ANPAS GALEGAS, vai presentar no Centro Socio Cultural Recreativo de Cabeiro o estudo realizado nos anos 2021 e 2022 sobre a necesidade dun plan educativo específico para o rural galego.

A Confederación de ANPAS, á que pertence á recentemente constituída Federación de ANPAS de Redondela, ten de sempre entre os seus obxectivos principais a defensa dun Ensino público no rural galego que se iguale en calidade e medios ao que poidan ter as zonas urbanas do noso País.

Pero as defensas fanse con datos e diagnoses, e precisamente esta é a intención do estudo feito, que se fundamenta en tres piares nos que se traballou a un tempo:

- A solicitude ás ANPAS asociadas, máis de 400 neste momento, da súa visión do que está a ocorrer no rural galego.
- A realización dunha ampla enquisa en liña na que se debullaron un amplo abano de facetas da vida educativa rural.
- A organización de 4 foros especializados con persoas vinculadas profesionalmente co rural galego na que expuxeron unha visión formal dese rural que se estudiou.

As conclusións deses traballos é o que se presentará o vindeiro 14 de xuño no CSC Recreativo de Cabeiro, alí informarase de cada un dos pasos dados, das diferentes consecuencias obtidas en cadansúa modalidade de actuación, e do resumo de necesidades que se consideran amplamente fundamentadas en todo o traballo presentado.

O rural galego, sexa aldeán ou vilego, costeiro ou interior, de val ou de montaña, ten unha diversidade de características positivas e un único e enorme problema: o abandono ao que está sometido por parte das administracións e poderes públicos.

Iso é o resumo último deste estudo que se presenta o 14 de xuño, pero non é o único que se conclúe do mesmo, o resto se explicará en en Cabeiro.