Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Aparcadoiro de balde no Nadal para o comercio en Redondel e Chapela

Concello de Redondela
26-12-2022
0
Aparcadoiro de balde no Nadal para o comercio en Redondel e Chapela

Redondela impulsa as compras locais co parking gratuito durante o nadal. O Concello de Redondela fomenta as compras locais facilitando tickets de parking gratuitos en tódolos comercios do municipio, incluído o mercado que continuará coa mesma promoción que leva ofrecendo nos últimos meses.

O Concello de Redondela promove o mercado minorista e de proximidade na vila a través do intercambio de tickets de compra locais por horas de aparcamento gratuito no Parking da Xunqueira. Por cada 30 euros de compras en tendas minoristas de Redondela, o cliente recibe unha hora de parking de balde. O proceso de cambio é moi sinxelo: sumando o importe correspondete, sen importar canto gastes en cada comercio, recibes unha hora de aparcamento gratuito. O cambio realízase no Multiusos da Xunqueira.

“Esta iniciativa foi moi demandada polos comerciantes de Redondela para impulsar as compras no pequeno comercio, pero ademais tamén é unha forma de facilitar á veciñanza as compras no nadal, datas de moito movemento  e no que precisas o coche”, explica a acaldesa de Redondela, Digna Rivas. A Praza de Abastos de Redondela continuará coa promoción que leva meses posta en marcha para impulsar as compras no mercado. “Os praceiros e praceiras mostraron o seu interese por continuar co intercambio de tickets de compra por horas de aparcamento. Leva sendo un éxito nos últimos meses e o concello comprometeuse a ampliar a oferta durante as datas de nadal”, engade Rivas.

Por cada dous tickets de compra dalgún dos postos do mercado, o cliente recibe unha hora de aparcamento de balde no Parking da Xunqueira, sen importar que sexan da mesma tenda. Neste caso o intercambio dos tickets faise na propia cafetería do mercado, para facilitar o movemento dun espazo moi concorrido do municipio.

A rexidora local quixo salientar a importancia dun comercio local e unhas prazas de abastos –Redondela e Chapela– “que teñen capacidade dabondo para ofrecernos todo o que precisemos para este Nadal”.