Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Goberno reforza o apoio ás vítimas da violencia machista a través de obradoiros de 'Mindfulness'

Concello de Redondela
10-02-2022
0
O Goberno reforza o apoio ás vítimas da violencia machista a través de obradoiros de

Os obradoiros que se desenvolverán nos meses de marzo e abril desenvolverán técnicas tendentes a mellorar o benestar emocional das vítimas da violencia machista e incrementar os niveis de asertividade e empoderamento

O Concello de Redondela, a través do Centro de Información á Muller (CIM), poñerá en marcha durante os meses de marzo e abril obradoiros de Mindless (Conciencia plena) nos que, a través de técnicas guiadas de relaxación e meditación, permitan mellorar o benestar emocional das mulleres vítimas de violencia machista.

“A loita contra a violencia machista ten múltiples facetas –explicaba a alcaldesa Digna Rivas na presentación desta iniciativa– e unha delas e conseguir que as mulleres que foron vítimas desta lacra social, poidan superalo emocionalmente, consigan reducir a ansiedade que esta dramática situación provocoulles e consigan incrementar os niveis de asertividade e empoderamento”.

Os obradoiros de mindfunless son, segundo os expertos, unha ferramenta importantísima á hora de xestionar as emocións ou facer fronte a situacións complexas. Nese sentido, a súa utilización nas mulleres vítimas de violencia machista demostrou a súa efectividade en canto á mellora do seu estado emocional.

A iniciativa posta en marcha polo Goberno socialista de Redondela, e dirixida ás mulleres dereivadas dende o Servizo de Igualdade do Concello, busca tamén un segundo obxectivo que é, como subliñou Digna Rivas “fomentar a creación de redes entre as mulleres participantes para mellorar o apoio que se poidan prestar entre elas e establecer relacións interpersoais”.

Os obradoiros, que terán unha periodicidade de un á semana, comezarán explicando ás participantes que é o mindfunless para, a partir de aí entrar na utilización de distintas técnicas como o control da respiración ou técnicas de relaxación. Analízanse, posteriormente, aspectos como coñecer realmente que é o estres e as situacións que o xeran, xestión emocional ou pensamentos recorrentes.

O minfunless é, dende esa perspectiva, unha ferramenta que permite completar e perfeccionar a axuda que se lle presta ás mulleres vítimas de violencia machista e que ofrece técnicas efectivas para combater o estrés e a ansiedade das vítimas contribuíndo a inducilas a un estado de calma e de claridade mentar que lles permite reorganizar e retomar o control da súa vida.

A alcaldesa de Redondela lembrou que, para o Goberno que preside, a loita contra a violencia machista “foi, é e será unha prioridade e nesa loita inclúese non só a posta en marcha de medidas preventivas dirixidas a acadar a Igualdade, senón tamén a axuda precisa para que as mulleres que foron vítimas e que pasaron por unha das situacións máis traumáticas que calquera persoa poida vivir, conten coas ferramentas que lles permitan volver a controlar novamente a súa vida e ser donas do seu futuro”.