Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación será unha realidade en 2023

Concello de Redondela
09-05-2023
0
A aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación será unha realidade en 2023

 

A aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación será unha realidade en 2023. A alcaldesa, Digna Rivas, asegura que o traballo está feito e o PXOM poderá aprobarse polo Pleno antes de que acabe o ano 2023.

 Cando Digna Rivas accedía a Alcaldía, era consciente de que a tramitación do Plan Xeral debía ser a súa prioridade e no ano 2019 chegáronse a convocar 2 comisións de seguimento coa empresa redactora e resto de grupos políticos para retomar os traballos e conseguir que o documento fose unha realidade. Avanzar no proceso de aprobación del Plan Xeneral de Ordenación Urbana era decisión responsable e acorde ás necesidades da cidadanía, e non debe responder a intereses políticos.

“A aprobación inicial do PXOM é una decisión responsable, baseada no traballo realizado polo equipo técnico redactor do Plan durante meses e necesaria pola situación na que se atopa a normativa urbanística do noso municipio, cunhas normas subsidiarias aprobadas en 1987 e totalmente desfasadas" afirmaba a Alcaldesa Digna Rivas.

Lamenta a Alcaldesa, que “o Concello contara cos servizos dunha empresa contratada dende o 2015, e que aínda así o procedemento atopárense totalmente paralizados, unha mostra máis falta de interese do partido popular por resolver os problemas da veciñanza”. A maiores, a pandemia truncou os planes do goberno durante o ano 2020 , traballos que se retomaban no ano 2021, coa convocatoria en abril da comisión que marcaría o calendario de traballo e folla de ruta para conseguir redactar o mellor documento para Redondela.

En total durante o ano 2021 realizáronse máis dunha quincena de reunións técnicas e políticas, nas que participaron os técnicos redactores do documento, técnicos e persoal de urbanismo, así como todos os grupos políticos membros da corporación.

“Temos claro que o PXOM é un documento da veciñanza, polo que no seu proceso era imprescindible contar co resto dos grupos políticos para redactar un documento claramente participativo, transparente e consensuado”, engade Rivas.

A documentación que forma parte do proceso, estivo, e está, a disposición dos grupos da oposición dende o primeiro momento na oficina de Urbanismo, e os grupos municipais puideron consultalo en todo momento, así como aportar as súas ideas ou realizar as consultas necesarias, polo que a rexedora local aclara que “estamos convencidos de que no momento que o PXOM sexa lavado a pleno contará co apoio de todos os membros que participaron na súa elaboración. Aínda que o documento completo xa foi remitido a todos os organismos hai varios meses, seguimos esperando a que emitan os informes pertinentes, que nalgúns casos, como Costas, trátase de informes preceptivos e necesarios para a aprobación inicial”:

É un acto de responsabilidade e prudencia esperar a emisión dos informes dos distintos organismos, xa un informe negativo podería ser causa dunha modificación substancial o que implicaría cambio no documento e unha nova aprobación polo pleno.

O Goberno xa conta incluso dende hai meses coa proposta para realización das sesións informativas, 13 sesións iniciais, que se realizarán en todas as parroquias co fin de informar a veciñanza dos contidos do documento, así como da contratación de un visor web para o período de exposición pública.  

“Acabamos a lexislatura co traballo feito e estamos convencidos de que o documento será aprobado polo pleno en poucos meses, un voto en contra de un documento traballado en consenso sería un acto de irresponsabilidade e de intereses puramente partidista”, conclúe Digna Rivas.