Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Arqueoloxía na praia, unha actividade para nen@s

Concello de Redondela
06-08-2018
0
Arqueoloxía na praia, unha actividade para nen@s

O vindeiro 21 de agosto na praia de Cesantes a Concellalía de Medio Ambiente, dirixida por Miguel Ángel Álvarez Ballesteros, organiza unha actividade dirixida ao público infantil.

Esta actividade consiste nunha pequena escavación arqueolóxica de 2 horas, adaptada a diferentes niveis de comprensión dos participantes.

Comeza cunha breve descrición da actividade, reparto de material e do espazo de traballo, realización da escavación e valoración dos “tesouros” atopados. Todo o material será subministrado polos dous arqueólogos que dirixiran a actividade.

Límite de prazas: 25 persoas por grupo.

Actividade de balde, con inscrición previa.

Obxectivos :

  • Fomentar o interese polo patrimonio histórico a través do emprego de mtécnicas de escavación arqueolóxicas.
  • Educar para a conservación do medio e do patrimonio.
  • Incentivar o espírito crítico, e a curiosidade por interactuar co medio.
  • Fomentar a participación e o traballo en equipo.
  • Fomentar a igualdade de xénero e o respecto ás características individuais.

Para inscribirse contactar:
TELÉFONOS:
986 400 300
698 142 025
ENDEREZO ELECTRÓNICO:
medioambiente@redondela.gal