As Bibliotecas de Redondela no Artelixo 2018
Este sábado comezou a edición 2018 de Arte Lixo en Redondela, unha proposta creativa, artística e reivindicativa, para concienciar sobre o elevado volume de refugallos que producimos, e fomentar a vida artística.
Este ano as bibliotecas de Redondela están presentes por vez primeira, no ArteLixo, como un xeito de celebración do seu 50 aniversario.
A peza exposta representa un recuncho de lectura e foi elaborada a través dun obradoiro creativo con papel de refugallo (revistas e xornais vellos das bibliotecas) no que participaron persoas de tódalas idades baixo a dirección do obradoiro de manualidades da Asociación Cultural e Social de Chapela.
Neste abril, mes do Libro por excelencia, esta obra das bibliotecas para ArteLixo quere ser unha homenaxe ao libro e a lectura.
A obra foi exposta o día da inauguración no chapelano paseo de Cardona. Actualmente, atópase nun emprazamento histórico para as nosas bibliotecas: os baixos do Concello, onde o 22 de setembro de 1968 abriu as súas portas a Biblioteca P.M. Valle-Inclán.