Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Asociación Sociocultural ASCM pecha a súa xira SPORTODXS GALICIA esta fin de semana en Redondela

Concello de Redondela
14-04-2021
0
A Asociación Sociocultural ASCM pecha a súa xira SPORTODXS GALICIA esta fin de semana en Redondela

A entidade ferrolá pechará a súa xira SporTodxs Sobre Rodas; visibilizando a diversidade no camiño en Redondela

A Asociación Sociocultural ASCM, que traballa desde hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con discapacidade, remata, esta fin de semana, a súa xira de visibilización da diversidade no Camiño de Santiago. SporTodxs Galicia é unha iniciativa de ASCM, enmarcada no programa de O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A entidade estará en Redondela de 11.00 a 13.00 h, fronte ao concello.

SporTodxs Sobre Rodas está englobado dentro da proposta orixinal da Asociación Sociocultural ASCM, SporTodxs_Galicia. A entidade comezou o tour nas cidades de Pontedeume, Sarria e Vilaba e visitou, asimesmo, Cee e Padrón e remata, o percorrido, en Ourense, Melide e Redondela. A través dun plató itinerante invitarán á cidadanía a participar de distintas actividades que sensibilicen sobre a realidade das persoas con diversidade funcional cós distintos camiños coma fío condutor.

Asemade, ASCM fará entrega ás 11.30 h., do premio de debuxo do concurso SporTodxs XacobIN. Desde o concello estará presente a alcaldesa, Digna Rivas. O premio, neste caso, é cortesía do propio concello.

Durante a xornada haberá, ademais, xogos virtuais para dinamizar o Camiño Portugués e todas aquelas persoas interesadas en participar da andaina solidaria SporTodxs_Galicia poderán achegarse ao stand para recoller o dorsal e facerse unha fotografía.