Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O goberno local abre as portas do Concello á veciñanza cun amplo horario de atención ao público

Concello de Redondela
24-08-2023
0
O goberno local abre as portas do Concello á veciñanza cun amplo horario de atención ao público

O Concello de Redondela abre as portas á veciñanza e tanto a alcaldesa, Digna Rivas, como as concelleiras e concelleiros do goberno local póñense a disposición da cidadanía cun servizo de atención ao público en horario de mañá e de tarde. O goberno de Redondela inaugura un novo servizo a disposición de toda a cidadanía. Baixo o lema "O Concello escoita" o goberno local ofrece aos veciños e veciñas un servizo de atención directa en todos os departamentos municipais. A rexedora local, Digna Rivas, explica que "coa intención de facer un goberno de proximidade, que poida escoitar as inquedanzas das veciñas e veciños de Redondela dun xeito máis directo e próximo, poñémonos a disposición de toda a cidadanía. Para ofrecer unha atención o máis ampla posible, estaremos abertos ás súas consultas, queixas ou suxestións tanto en horario de mañá como de tarde". Deste xeito todos os que o desexen poderán achegarse á Casa do Concello e falar directamente cos concelleiros e concelleiras, e tamén coa alcaldesa Digna Rivas. Este servizo de atención ao público ofrécese sen necesidade de cita previa por parte da alcaldesa e as concelleiras e concelleiros, agás no departamento de Infraestruturas e Sostibilidade, para o que se precisa reserva previa nalgúns dos horarios establecidos.

HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO


Digna Rivas Gómez, Alcaldesa

Luns de 10:00 a 13:00 horas

Luns de 17:00 a 20:00h horas

Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 082 428

 

Antonio Cabaleiro Covelo, concellerías de Economía e Facenda, Emprego, Transparencia e Novas Tecnoloxías, Transición enerxética e Urbanismo

Xoves de 10:00 a 13:00 horas

Martes de 17:00 a 20:00 horas

Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 074 741 antoniocabaleiro@redondela.gal

 

Iván Valles Rodríguez, concellerías de Deportes, Xuventude e Ensino e Conservatorio

Xoves de 10:00 a 13:00 horas

Mércores de 17:00 a 20:00 horas

Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 034 253 ivanvalles@redondela.gal

 

Pedro Villaverde Campos, concellerías de Parques e Xardíns, Benestar Comunitario, Feiras e Mercados

Martes de 10:00 a 13:00 horas

Venres de 17:00 a 20:00 horas

Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 065 679

 

María del Pilar Martínez González, concellerías de Persoas Maiores e Infancia, Sanidade e Medio Ambiente

Martes de 10:00 a 13:00 horas

Xoves de 17:00 a 20:00 horas

Lugar: planta baixa do Concello. Teléfono 604 026 069

 

María Rita Pérez Táboas, concellerías de Persoal (agás xefatura superior), Interior e Seguridade, Cultura,Turismo e Patrimonio

Luns de 10:00 a 13:00 horas

Luns de 17:00 a 20:00 horas

Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 082 430 ritaperez@redondela.gal

 

Iria Vilaboa Álvarez, concellerías de Servizos Sociais, Servizos sociocomunitarios, Igualdade, Participación cidadá e Parroquias

Martes de 10:00 a 13:00 horas Lugar: Edificio de Servizos Sociais

Xoves de 17:00 a 20:00 horas Lugar: 1ª planta do Concello

Teléfono 604 038 653

 

Roberto Villar Rodríguez, concellería de Infraestruturas e Sostibilidade (Vías e obras, Alumeado público, Abastecemento de auga e saneamento, etc)

Martes de 10:30 a 11:30 horas con cita previa, de 11:30 a 12:30 horas sen cita previa

Mércores de 17:00 a 19:00 horas con cita previa

Xoves de 10:30 a 11:30 horas con cita previa, de 11:30 a 12:30 horas sen cita previa

Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono para cita previa 986 400 300