Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Parque de atraccións de nadal

Concello de Redondela
19-12-2022
0
Parque de atraccións de nadal

As pistas de xeo e karts chegan a Redondela coa inauguración do parque de atraccións de nadal. O parque de atraccións de nadal é un espazo de diversión para os máis cativos no que poderán montarse nunha montaña rusa, unha rampa de tubbing, pista de xeo sintética e inchables, entre outras moitas sorpresas. O Concello de Redondela inaugura o parque de atraccións de nadal o sábado 17 de decembro, unha instalación de xogos que inclúe módulos de Eco Roller Coast, unha montaña rusa movida por pedais de 14 metros de percorrido; Rampa Tubbing, 6 inchables de distintos tamaños e unha pista Bumper Car, así como moitas máis sorpresas.

“O Cocello de Redondela quere ofrecer una programación familiar para o goce dos máis cativos e cativas, que poderán patinar sobre xeo, deslizarse por togobáns xigantes, conducir un car e montarse nunha montaña rusa de 14 metros e todo dende unha perspectiva ecolóxica con ambiete de nadal”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

As atraccións consisten nunha Eco Roller Coast, unha montaña rusa movida por pedais de 14 metros de percorrido; Rampa Tubbing, un tobogán xigante de 25m de longo e cun chan sintético que permite o deslizamento con 6 inchables de distintos tamaños e unha pista Bumper Car cunha área de 6x10m de pista sintética e que engade 4 Bumper Cars.

A pista de xeo ten un área de 10x5m e inclúe o equipamento que consiste en 40 pares de patíns en préstamo ás persoas usuarias da atracción, máquina de afiar patíns, un cercado de madeira, e os consumibles necesarios.

“Buscabase a sostentabilidade para respectar a zona, polo que consideramos importante contratar unha instalación e aluguer de equipamentos que ofrecera un entretenemento ecolóxico. Dito equipamento non só debe cumprir coas medidas de seguridade esixidas, senón tamén co aforro enerxético vixentes que axude á reducción do consumo eléctrico de maneira responsable e eficiente”, engade a rexidora. Ademais contará con persoal para as tarefas de organización e control de aforo das persoas asistentes para vixiar que as normas do uso se cumpran en todo o momento.

A pista de xogos do Nadal abrirá as súas portas o sábado ás 11:00 horas. Unha proposta orientada ao público familiar que funcionará en horario de mañá e tarde (11:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 20:30) ata o domingo 8 de xaneiro, agás os días lectivos nos que tan só funcionará en horario de tarde. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro as atraccións non estarán operativas.