Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela pon en marcha as Aulas Municipais de Teatro

Concello de Redondela
27-09-2023
0
O Concello de Redondela pon en marcha as Aulas Municipais de Teatro

Por primeira vez as Aulas Municipais de Teatro ofertan clases en dous grupos distintos, respondendo á idade dos participantes. O primeiro grupo comprende aos alumnos de 13 a 16 anos, e o segundo grupo a mozos e adultos de 17 anos en diante. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas , anima á veciñanza a inscrirse nas Aulas Municipais de Teatro xa que, ademais de formarse nas artes escénicas, "mellorarán as súas habilidades sociais e a comunicación dun xeito lúdico". A actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2023 ata maio de 2024 co gallo de ofrecer "unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza", sinala a concelleira Pérez Táboas.

O Concello de Redondela, a través da concellería de Cultura, organiza para o curso 2023/24 as Aulas Municipais de Teatro, unha actividade dirixida ao público a partires dos 13 anos de idade. A concelleira responsable desta área, Rita Pérez, explica que se establecerán dous grupos "un para adolescentes de 13 a 16 anos de idade, e outro para mozos e adultos de 17 anos en diante".

As clases comezarán o próximo mes de outubro. As persoas interesadas deberán formalizar a súa solicitude, o prazo está aberto até o 3 de outubro na Casa do Concello de Redondela. As clases serán no Miultiusos da Xunqueira os mércores ás 17:00 a 18.30 horas para adultos e de 19.00 a 20.30 horas para adolescentes.

Os participantes poderán gozarán co teatro, divertiranse e, sobre todo, aprenderán as técnicas desta modalidade artística, co obxectivo de preparar algunha representación sobre as táboas ao longo do ano. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas , anima a toda a veciñanza que teña interese ou curiosidade polo mundo do teatro a se inscribiren nas Aulas Municipais "xa que ademais de formar aos nosos mozos e adultos nas artes escénicas tamén mellorarán as súas habilidades sociais, a comunicación e aumentarán os niveis de empatía".

A participación nesta actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2023 ata maio de 2024. O obxectivo do Concello é "ofrecer unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais", sinala a concelleira Pérez Táboas.

Na ficha de inscrición os interesados deberán seleccionar o grupo de participación. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, e se o grupo se completa o resto solicitantes pasarán a a quedar nunha listaxe de reserva.