Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A rapazada de Axentes do Cambio expón as reivindicacións da Infancia e a Adolescencia no Parlamento de Galicia

Concello de Redondela
18-11-2022
0
A rapazada de Axentes do Cambio expón as reivindicacións da Infancia e a Adolescencia no Parlamento de Galicia

Axentes do Cambio de Redondela, interviron esta mañá no X Foro de Participación Infantil e Adolescente promovido polo Parlamento de Galicia e mais Unicef, unha actividade enmarcada no Día Mundial da Infancia, que se celebrou o domingo. Unha representación do Grupo de Participación Infantil e Adolescente de Redondela, Axentes do Cambio, interviron esta mañá no X Foro de Participación Infantil e Adolescente promovido polo Parlamento de Galicia e mais Unicef, unha actividade enmarcada no Día Mundial da Infancia, que se celebra este domingo.

Ademáis dos nosos representantes redondeláns, asistiron a este foro outros grupos de participación de diversos concellos de Galicia: Ames, Burela, Cabanas, Castrelo de Miño, Moaña, Moeche, Nigrán, Ponteareas, Teo, Tomiño e Viveiro.

O grupo de participación redondelán, na voz de Carla Acosta, realizou unha intervención na que se insta aos poderes púbicos a promover a vida en comunidade, o consumo responsable e a rexeitar a discriminación e a explotación, tanto de persoas como de comunidades máis vulnerables. Retos, todos eles, enmarcados nos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da ONU, da erradicación da pobreza e a desigualdade, dos dereitos humanos e do coidado do planeta.

Xunto á súa intervención, a voz dos representantes dos outros 11 consellos locais de participación galegos deixouse escoitar con diferentes peticións e alegatos dirixidos aos representantes do Parlamento galego alí presentes: destacando a importancia de promover a voz e a representatividade da infancia, e facendo fincapé nas preocupacións deste colectivo recollidas no encontro estatal de Cáceres, especialmente no tocante á saúde mental da poboación xeral, e da infancia e da adolescencia en particular. Tamén analizaron os recursos de atención dispoñibles e formularon varias recomendacións dirixidas tanto á sociedade en xeral como á Xunta de Galicia “para coidar a saúde mental da cidadanía e especialmente de nenos, nenas e adolescentes”.

Digna Rivas lembrou que un órgano de participación da mocidade “é un órgano activo e dinámico de participación, onde a infancia e a mocidade poidan expoñer as súas ideas e proxectos para que o Concello, posteriormente, os poña en marcha”.

A alcaldesa valorou “o compromiso e traballo” que estaba realizando 'Axentes do Cambio' á hora de “estudar os proxectos e de presentar achegas que os melloren, chegando incluso a falar no parlamento”.

Na rede social Instagram teñen perfil, co nome @axentesdocambio: https://www.instagram.com/axentesdocambio/

O grupo está aberto á incorporación de calquera rapaz ou rapaza de entre 8 e 18 anos que resida en Redondela. Para calquera información podedes contactar no correo electrónico participacioninfantileadolescente@redondela.gal

O Pleno Infantil do 20N celebrarase o luns 21

O Día Internacional da Infancia, o 20 de novembro, cae este ano en domingo. Por esta razón o Concello de Redondela convocou o Pleno Infantil para as 11:00 h do luns 21. Na sesión, centrada na temática da saúde mental, informarase sobre o desenvolvemento do Encontro estatal de Cáceres e as súas conclusións, ao tempo que os representantes do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia –nenos, nenas e adolescentes dos centros de ensino do Concello– analizarán a situación de Redondela neste eido, facendo propostas aos grupos políticos con representación municipal.