Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela pon por primeira vez á disposición das Comunidades de taídas de auga 30.000 euros de subvención

Concello de Redondela
10-02-2023
0
O Concello de Redondela pon por primeira vez á disposición das Comunidades de taídas de auga 30.000 euros de subvención

O Concello de Redondela amosa a súa satisfacción pola aprobación das subvencións de 30.000 euros para as Comunidades de Auga das parroquias do municipio. “Sabemos que esta primeira convocatoria pode quedar corta e, lóxicamente, iremos mellorandoa en colaboración coas Comunidades de auga. Este era un compromiso do goberno socialista dende que se fixo o primeiro borrador dos orzamentos onde xa se contemplaba esta iniciativa”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. O luns 6 de febreiro a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, reunironse cos representantes das Comunidades de Auga rexistradas para comunicar as bases desta convocatoria e consultar as súas inquedanzas para recibir suxerencias constructivas que poida mellorar a iniciativa de cara ó futuro. “Estamos abertos para facer melloras nos matices que vexan pertinentes. Sempre tomamos en conta a opinión das Comunidades de Auga e as posibilidades técnicas foron moi estudadas, contando con varios borradores para adaptar a proposta as necesidades reais das parroquias. Para este goberno as Comunidades de auga son moi importantes porque dan un servicio vital para o bo funcionamento do municipio e sempre foron unha prioridade”, engade Rivas.

O obxectivo é mellorar as instalacións e ofrecer oportunidades para claquera obra ou actuación que precisen as Comunidades de traídas de auga. A convocatoria está aberta ata o 28 de febreiro na sede electrónica do Concello e para acceder á subvención hai que cumplir certos requisitos técnicos. Valoraranse o número de billas, o protocolo sanitario vixente, o uso do galego na súa comunicación e a presenza da muller na xunta directiva.

O Concello porá a disposición un administrativo da Concellería de Medio Ambiente para que, en horario de atención ao público de 9:00 horas a 14:00 horas para que as Comunidades de Augas poidan aclarar dúbidas para as solicitudes.

A rexidora local quere lembrar que “este goberno puxo a disposición un protocolo de actuación de amerxencias para as Comunidades de Auga ante a sequía xeralizada que azotou este ano a comunidade autónoma. Se unha Comunidade de traída de auga solicita a activación deste protocolo pioneiro o Concello ten preparado un plan para garantir o abastecemento de auga en casos de necesidade. En colaboración con Aqualia”.