Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Banda de Música de Chapela competirá nun certame en Benavente esta fin de semana

Concello de Redondela
04-07-2019
0
A Banda de Música de Chapela competirá nun certame en Benavente esta fin de semana

A Banda de Música de Chapela viaxa o próximo sábado 6 a Benavente para participar no certame Internacional de bandas “Cidade de Benavente".

A Banda de Música de Chapela competirá neste certame, con 9 bandas de diferentes puntos de España, Francia e Portugal, coa obra “Poema de Arealonga”.

"Poema de Arealonga" é a primeira e única obra musical adicada á parroquia de Chapela e escrita expresamente para a súa Banda de Música, un traballo realizado polo compositor vigués Ángel Montes por encargo do seu anterior director Santiago Barreira, como agasallo de despedida á fronte da formación Chapelana no ano 2015.

A Obra é un poema sinfónico tomando como inspiración, tanto elementos históricos como paisaxísticos, do litoral de Chapela. O título fai referencia á praia principal da parroquia e pretende ser unha homenaxe ás súas xentes, as súas praias, as súas paisaxes e acontecementos históricos como a Batalla de Rande ocorridos nas proximidades da súa costa, e coa cal a Banda de Música de Chapela representará a Chapela e Redondela no certame Internacional de Bandas cidade de Benavente, coa pretensión de deixar esta obra entre as primeiras e darlle á mesma unha proxección internacional.