Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

BASES DA FESTA DO CHOCO 2024 PARA OS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DE REDONDELA 2024

Concello de Redondela
30-03-2024
0
BASES DA FESTA DO CHOCO 2024 PARA OS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DE REDONDELA 2024

O Concello de Redondela te aberto o prazo de inscricións para os establecementos hostaleiros do municipio que desexen participar nas Xornadas Gastronómicas do Choco, actividade complementaria á Festa do Choco, que se celebrará do 6 ao 12 de maio. Rita Pérez, concelleira de Turismo, explica que estas xornadas teñen por obxectivo “promover a gastronomía local así como os establecementos hostaleiros da localidade, que ofrecerán aos seus clientes pratos e menús baseados nun ingrediente de excelencia como é o Choco de Redondela para gozar da cociña mariñeira cons cinco sentidos”.

Os negocios participantes deberán incluír na súa carta, como mínimo, un menú, prato ou proposta gastronómica na que o produto principal sexa o Choco de Redondela, e cada local poderá participar co número de propostas que desexe, tanto salgadas como doces.

O ano pasado foron un total de 13 os locais de hostalaría os que se sumaron a estas xornadas, con pratos como o choco con fabas, en lasaña, con queixo de tetilla, e tamén pizza, canelóns ou hamburguesas de choco, entre outros pratos.

O prazo de inscrición para que os locais de hostalaría se sumen a estas xornadas remata o 7 de abril de 2024. Para participar os establecementos cubrirán unha instancia xeral e, no caso de cumprir con todas as formalidades dentro do prazo establecido, o Concello de Redondela confirmará a inscrición nas xornadas. As bases están publicadas na web do Concello de Redondela. Coa instancia xeral solicitando a súa participación os establecementos interesados deberán presentar a proposta de menú, prato ou elaboración, indicando ademais o prezo de cada unha das opcións propostas.