Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Batalla de Rande 2022

Concello de Redondela
24-10-2022
0
Batalla de Rande 2022

Con motivo da IX edición da Batalla de Rande, este sábado 22 de outubro, a alcaldesa de Redondela Digna Rivas participou de forma activa nas actividades do evento.

 

“Ano tras ano a Batalla de Rande reforza o seu poder de convocatoria converténdose nunha cita imprescindible do sur de Pontevedra. Quero dar as gracias á Asociación Cultural e Deportiva de Rande que fan un traballo incansable para que todo isto sexa posible”, declara Rivas.

 

“O noso obxectivo é que este evento tan importante para o patrimonio histórico de Redondela sexa cada vez mellor e aumente o interese dos veciños e veciñas de Redondela e do resto de Galicia”, engade Rivas.

 

Hoxe, Meirande transfórmase nun mercado tradicional no que se poden atopar obradoiros tradicionais de alfarería, lacrado e acuñación de moedas e escritura antiga; así como actividades para cativos e cativas e teatro tradicional infantil.

 

“A intención é que este sexa un evento familiar para todolos públicos, ofrecendo unha programación variada e de calidade”, explica a alcaldesa de Redondela.

 

Digna Rivas quixo engadir as súa impresión sobre o ambiente da celebración, quen declara que “ao chegar ás inmediacións do Museo de Meirande volves ao pasado. O ambiente que achegan as representacións e referencias históricas son moi precisas. Os obradoiros tradicionais e os postos están cheos de alusións fieis aos acontecementos durante a Batalla de Rande”.

 

Ademais das actividades, tamén terá lugar a Teatralización da Batalla de Rande coa obra ‘Navíos baixo o lume” e visitas guiadas en barco na Enseada de San Simón (saída dende Meirande).

 

“Navíos baixo o lume é o punto álxido da conmemoración da batalla. Unha teatralización moi traballada que nunca defrauda”, engade Digna Rivas.

 

Entre moitas outras sorpresas, cabe destacar o concerto final, a cargo do grupo “Os Carunchos”, “unha novidade deste ano que serve para dar valor e achegar a música tradicional galega á celebración da batalla e os veciños e veciñas de Redondela”, conclúe Rivas.

 

Conmemoración da Batalla de Rande

 

Data:  22  de outubro.

Hora: De 11 horas a 21 horas.

Onde: contorna do Museo de Meirande (Lugar de Rande, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra)