Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O xurado da Batalla de Galos elixe gañador a Chapela

Concello de Redondela
08-01-2020
0
O xurado da Batalla de Galos elixe gañador a Chapela

A Concellería de Xuventude do Concello de Redondela, celebrou o pasado sábado un evento novo dirixido especialmente á mocidade, no que participaron mozos e mozas de Redondela e Chapela.

No evento celebrado no parque de skateparck de Redondela, realizáronse distintas actividades artísticas coma exhibición de graffiteros e Djs que amenizaron unha xornada con unha boa acollida do público asistente.

Un dos muros do pavillón da Marisma foi o lenzo onde os/as graffiteros/as plasmaron a súa obra, que xa forma parte do arte urbano de Redondela. Por esta banda existe un compromiso firme por parte do Goberno redondelá de continuar fomentando este movemento urbano, e segundo manifesta a Alcaldesa, Digna Rivas, será imprescindible “apostar pola cultural urbana e o arte do graffiti como unha das forma de rematar co feismo de formigón en muros e fachadas”.

O evento relacionado co movemento urbano tivo como acto central unha batalla de galos nos que se enfrontaban mozos e mozas de Redondela e Chapela.

As batallas de galos están baseadas na capacidade para improvisar nun combate verbal entre dous o máis participantes co obxectivo, mediante rimas, superar ao seu contrincante.

O combate estivo regulado por un xurado formado por 3 integrantes que velaron por unha competición limpa e respectuosa. e no que, despois de 3 horas de combate, resultou gañador o grupo chapelano. O Concello de Redondela agasallou aos equipos participantes recibiron un trofeo e unhas camisetas conmemorativas.