Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Cultura e lingua nos centros de estética

Concello de Redondela
06-02-2019
0
Cultura e lingua nos centros de estética

“A beleza das letras”, así se chama a nova campaña de lectura promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación de Empresarios/as de Redondela. De novo, os libros dedicados ás parroquias de Redondela estarán presentes nos centros de beleza e estética da vila.


Durante a presentación, realizada no establecemento de Nati López, explicaron que os obxectivos son a promoción da lectura en lingua galega, a posta en valor do patrimonio cultural das parroquias e a concienciación da veciñanza no coidado e legado destes bens.


A concelleira Ángela Antón e o presidente da asociación de empresarios, Enrique Lago, comentaron que os centros de estética son un lugar idóneo para a lectura polo tempo que o cliente pasa alí.


Esta campaña é continuidade da realizada nas cafeterías, baixo o nome “Café con Letras” que tivo unha boa acollida entre locais e consumidores. De feito, conforme indican dende o SNL, a primeira edición de 1500 exemplares esgotouse e xa se fixo unha nova reimpresión.


Finalmente, Ángela Antón e Enrique Lago agradeceron a colaboración das autoras dos libros e dos responsables dos centros de beleza pola súa implicación. Xa son oito os establecementos adheridos á campaña: Nati López, Arima, Begoña Villaverde, Arlei, CBC, La Pelu de Isa, Diana Durán e Verónica Ballesteros.