Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Volve o Berete Rock

Concello de Redondela
27-07-2023
0
Volve o Berete Rock

A décima edición do festival, todo un referente no calendario galego do rock, volta destacar cun cartel “potente” nun marco natural de excepción como é o Paseo Marítimo de Chapela

O vindeiro sábado 5 de agosto, o Paseo Marítimo de Chapela volverá a converterse nun extraordinario escenario natural para acoller a décima edición do «Berete Rock» organizado pola Asociación Berete Rock e o Concello de Redondela, a través da Concellería de Cultura que dirixe Mª Rita Pérez.

“Este festival é unha das citas máis importantes do ano e este goberno mantén o seu compromiso con todas as asociacións e colectivos para que, cada ano se supere a oferta cultural do noso municipio ” asegurou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na presentación do X Berete Rock.

"O ano pasado retomouse este festival, tralos anos da pandemia, e grazas a ilusión e o traballo da asociación Berete Rock, esta décima edición será un referente da música rock en toda Galicia"

Así, a partir das 21 horas do vindeiro 5 de agosto, actuarán no Paseo Marítimo de Chapela Aphonnic, Keltoi, The Lelli Kelly´s, The Soul Jacket e Monstrencos e como en anos anteriores todos os concertos serán de libre acceso e de balde.

Un dos grandes méritos do Berete Rock e terse convertido nun festival con nome propio e cita imprescindible para os amantes dun xénero “que non sabe de idades”, asegura Digna Rivas.