Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O proxecto 'Unha biblioteca para Xela' das Bibliotecas Municipais de Redondela, finalista do 'Selo CCB 2021'

Concello de Redondela
23-03-2022
0
O proxecto

O proxecto 'Unha biblioteca para Xela', desenvolto no pasado ano polas Bibliotecas Municipais de Redondela –Valle-Inclán de Redondela e Xela Arias de Chapela— vén de ser recoñecido como finalista do Selo CCB 2021 na categoría de bibliotecas públicas de máis de 10 000 habitantes.

O Selo CCB é outorgado polo Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB), –órgano dependente do Ministerio de Cultura, que canaliza a cooperación bibliotecaria entre as administracións públicas– e ten como finalidade, tanto en gañadores como en finalistas, resaltar o valor dos proxectos de bibliotecas máis destacados relacionados, nesta edición, cos obxectivos xerais do III Plan Estratéxico do CCB que ten como fío condutor a Igualdade en Bibliotecas.

O proxecto 'Unha biblioteca para Xela' tamén foi distinguido no pasado ano co 'Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia'.