Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Biblioteca Municipal Xela Arias e a Escola de Música de Chapela ofrecen un concerto en homenaxe a Xela Arias.

Concello de Redondela
12-12-2021
0
A Biblioteca Municipal Xela Arias e a Escola de Música de Chapela ofrecen un concerto en homenaxe a Xela Arias.

O venres 17 de decembro celébrase o Día da Edición no Calendario do Libro e da Lectura de Galicia.

As Bibliotecas Municipais de Redondela considerámola unha data moi significativa arredor da figura de Xela Arias, escritora que desenvolveu unha labor moi importante a prol da edición na nosa lingua dende o seu traballo no selo Xerais.

Para festexar esta efeméride e pechar así o calendario de actividades que temos desenvolvido este ano a carón da homenaxeada do Día das Letras Galegas, e que nos valeron o Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia 2021, aliámonos coa Escola de Música de Chapela para facer un pequeno e moi emotivo concerto co seu alumnado.

Proxectaremos en primeiro lugar o vídeo Buscando a Xela, que realizou para a biblioteca a actriz e contadora Raquel Queizás.

A continuación o concerto, que estará formado por tres grupos de cámara. Estes tocarán diferentes temas en homenaxe a Xela Arias, con arranxos musicais de Andrés Álvarez, director da Banda de Música de Chapela, ademáis dun tema de composición propia.

Para conformar estes tres grupos de cámara, a Escola de Música organizou un concurso entre todo o seu alumnado, para o que se presentaron máis de 20 participantes.

A cita é o venres 17, ás 20:00 h. no auditorio do Multiúsos de Chapela. A entrada será libre, ata completar as localidades.