Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o Día Mundial do Libro

Concello de Redondela
22-04-2022
0
As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o Día Mundial do Libro

As Bibliotecas Municipais de Redondela deron comezo ás celebracións polo Día Mundial do Libro entregando os premios aos/ as lectores/as , maiores de 14 anos, máis activos/ as durante o pasado ano 2021 no servizo de préstamo, co obxectivo de animar e fomentar a lectura.

O galardón fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio ao tempo que son nomeados/as Socios/as de Honra das bibliotecas ata a celebración do próximo ano, tendo a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo durante ese tempo.

Os galardoados son os seguintes:

-Eulogio Parga na Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela)

-María Teresa Míguez na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela