Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o seu 50 aniversario e presentan un tríptico conmemorativo da efeméride

Concello de Redondela
21-09-2018
0
As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o seu 50 aniversario e presentan un tríptico conmemorativo da efeméride

O pasado venres, 21 de setembro, a Biblioteca P. Municipal Valle-Inclán de Redondela cumpriu 50 anos desde súa inauguración no ano 1968 nos baixos da casa consitorial, abrindo as súas portas ao público ao día seguinte, 22 de setembro.

Con tal motivo esa mañá realizouse na sala infantil da biblioteca redondelana a presentación dun tríptico conmemorativo e das actividades e actos cos que se celebrará a efeméride. No acto estiveron presentes a concelleira de Cultura, M.ª Teresa París Blanco e o persoal das bibliotecas encabezado pola súa directora, M.ª Elena Becerra García

Dentro dos mesmos destaca o dar nome á biblioteca de Chapela, a lectura radiofónica de 20.000 leguas baixo dous mares en conmemoración da chegada literaria do Nautilus á enseada de San Simón, unha charlacoloquio e unha exposición contorna á figura de Jella Lepman, a campaña nnas redes sociais #eubibliotecasredondela50 e, a final de ano, unha celebración na que se recoñecerá o apoio dalgunhas entidades ao labor das mesmas.