Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis 'estáticas' para que nenas e nenos poidan gozar dun dos días máis esperados do ano

concello de redondela
03-01-2022
0
Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis

As actividades estarán rexidas por un estrito protocolo de seguridade sanitaria a fin de que as e os máis cativos poidan gozar da xornada sen risco

Redondela, 30 de decembro de 2021. Redondela e Chapela celebrarán, o día 5 de xaneiro do 2022 coa finalidade que as nenas e nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal, a chegada dos Reis Magos. Seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia, as cabalgatas adoptarán o formato de actividades estáticas.

En Redondela, os Magos de Oriente estarán no Campo da Feira mentres que en Chapela compartirán un tempo cos nenos e nenas na Alameda Rosalía de Castro. En ámbolos dous casos o horario será de 11 h a 14:30 horas e de 16 h a 20:30 horas.

Para garantir a seguridade sanitaria dos e das máis pequenas, o Concello vén de establecer un estrito protocolo de seguridade, con sinalización da ruta de entrada e saída, vixilancia da distancia de seguridade e o recordatorio da obrigatoriedade de levar a máscara de protección.

A alcaldesa Digna Rivas lembrou a necesidade de “reinventarse” para que as e os máis pequenos “non se miraran privados dunha actividade, das que máis ilusión espertan entre a cativada”. A rexedora local chamou á “responsabilidade individual” de nais e pais á hora de respectar unhas normas “absolutamente necesarias para evitar a propagación dunha pandemia que está novamente en expansión”.