Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Cabalgata de Reis

Concello de Redondela
05-01-2023
0
Cabalgata de Reis

Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis para que nenas e nenos poidan gozar dun dos días máis esperados do ano. As dúas cabalgatas, de Redondela e Chapela, comezan de forma simultánea ás 18 horas. A primeira dende Vilavella e a segunda dende o Alto da Encarnación. A chega ao Concello unha interprete de lingua de signos traducirá as palabras dos Reis Magos. Redondela e Chapela celebrarán o día 5 de xaneiro do 2023 a esperada cabalgata para recibir aos Reis Magos de Oriente e que as nenas e nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal. O ano pasado as cabalgatas adoptaron o formato de actividades estáticas, unha recomendación para poder celebrar o Día de Reis en plena pandemia do Covid-19. “Este ano as dúas cabalgatas do municipio volven a facer o seu percorrido habitual, un momento moi esperado polos máis cativos e cativas de Redondela que poderán gozar das festas como se merecen”, explicaba a alcaldesa, Digna Rivas. En Redondela, os Magos de Oriente comenzarán ás 18 horas en Vilavella, preto da Praza de Ponteareas, para dar a volta no Campo da Feira e facer parada no Concello, onde recibirán aos nenos e nenas e escoitar os desexos deste ano. A chega ao Concello unha interprete de lingua de signos traducirá as palabras dos Reis Magos. O percorrido polas rúas de Chapela comeza ás 18 horas no alto da Encarnación ata 4 Pontes e volve ao edificio do Círculo Recreativo de Chapela para recibir alí os cativos e cativas. “A cabalgata recuperará todo o esplendor despois dos anos de pandemia. É importante para este goberno que os dous núcleos urbanos máis importantes do municipio, Redondela e Chapela, teñan a súa propia cabalgata e chegar a maior cantidade de raparigos e raparigas posible”, conclúe Rivas.