Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela inaugura as cabinas literarias

Concello de Redondela
22-03-2023
0
Redondela inaugura as cabinas literarias

A idea, pioneira na provincia de Pontevedra, consiste en ofrecer libros para compartir que estarán a disposición nas denominadas "Cabinas literarias". Estas estarán situadas na Fonte de Santiago, Praza da Constitución, Praza de Ponteareas e Av. de Redondela en Chapela. Baixo o nome de "A cabina literaria", o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela coordinado pola alcaldesa Digna Rivas, promove a reutilización das antigas cabinas telefónicas en espazos literarios. Esta proposta, posta en práctica noutras cidades europeas, pretende aproveitar o mobiliario en espazos públicos para converterse en espazos culturais abertos. Neste sentido, a idea consiste en ofrecer libros para compartir que estarán a disposición nas denominadas "Cabinas literarias". Estas estarán situadas na Fonte de Santiago, Praza da Constitución, Praza de Ponteareas e Av. de Redondela en Chapela.

“A promoción da lectura é un dos obxectivos máis importantes da concellería que teño o pracer de dirixir, destacando por suposto a lingua galega. Queremos que Redondela sexa unha vila amiga dos libros e sobre todo promocionar libros feitos por e sobre Redondela”, explicaba Rivas.

Dende Normalización “lingüística impulsamos proxectos coa intención de ser transversais e interactivos, directamente pensados para os nosos veciños e veciñas”, engade Rivas, “por iso nas cabinas ofreceremos o acceso aos Libros das Parroquias, proxecto tamén de Normalización Lingüística”.

Por outra banda, o Concello chama ao coidado e responsabilidade de toda a cidadanía para que esta iniciativa teñan un feliz futuro. "Precisamos a colaboración de todas as persoas para coidar estas cabinas pero sobre todo para darlle vida". Nas cabinas pode leerse a frase “Esta cabina é do pobo de Redondela. Non seas baldreu, respetaá!”

Ademais, os exteriores da cabina contarán con información sobre o procedemento de préstamos dos libros, unha especie de instrucións ilustradas coa frase “pasen e lean”, que tamén trata de implicar a veciñanza na iniciativa. O funcionamento é sinxelo, as persoas interesadas poderán coller un dos libros alí expostos, levalo para casa e devolvelo unha vez que o lea sen límite de tempo, pero coa condición de ser responsable e ter coidado deste. As cabinas tamén están abertas á participación, polo que a veciñanza pode colaborar deixando nese espazo aqueles libros que queiran compartir con outras persoas lectoras.

A carón disto, o concello ilustrará unha parte exterior da cabina con información sobre a historia do teléfono e a algunha curiosidade sobre a centraliña de teléfonos existente en Redondela, no edificio Royalty, na metade do século pasado.

“Os teléfonos de cabina son un elemento singular, posto que para as novas xeracións resulta un obxecto museístico que non usaron nunca. Por este motivo queremos mantelos e conservalos, pero cunha utilidade práctica”, conclúe Rivas.