Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Cambio de localización da Feira de Chapela

Concello de Redondela
01-03-2023
0
Cambio de localización da Feira de Chapela

A feira de Chapela trasládase ao aparcamento do Pavillón Municipal da parroquia polo comezo das obras do ‘Campito’ e a Alameda. A feira de Chapela celébrase os días 2 e 16 de cada mes. A partir de marzo trasládase ao aparcamento do Pavillón Municipal da parroquia polo comezo das obras do ‘Campito’ e a Alameda de Rosalía de Castro. Ambos proxectos xa comezaron e requiren do espazo para a súa realización. O Concello de Redondela anuncia que A Feira de Chapela dos días 2 e 16 de cada mes, trasládase a partir de marzo ao aparcamento do Pavillón Municipal de Chapela (Av. Redondela, 17, 36320 Chapela, Pontevedra), pola realización das obras do ‘Campito’ e a Alameda de Rosalía de Castro.
Os horarios e postos serán os habituais, non haberá máis cambios que o da nova localización. Unha vez rematen as obras, a feira volvería á pista polideportiva situada na Rúa José Fernández López.
A alcaldesa Digna Rivas explica que “ambos proxectos xa comezaron é requiren da zona para a súa realización. Tanto o ‘Campito’ como a Alameda de Rosalía de Castro son obras que buscan a transformación dos espazos para o goce da veciñanza e a mellora da súa calidade de vida. Estas eran dúas demandas dos veciños e veciñas de Chapela dende fai moitos anos e é unha prioridade deste goberno levalas a cabo canto antes”.