Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Cambio de sentido no acceso ao colexio Alexandre Bóveda en Chapela

Concello de Redondela
03-02-2023
0
Cambio de sentido no acceso ao colexio Alexandre Bóveda en Chapela

Cambio de sentido no acceso ao colexio Alexandre Bóveda en Chapela. O Concello de Redondela cumpre co seu compromiso coa veciñanza para facilitar a parada de autobuses escolares e a seguridade do alumnado. A partir do próximo luns 6 de febreiro a Rúa Alexadre Bóveda de Chapela na zona do colexio CEIP Alexandre Bóveda pasará a ser de dirección única durante o horario escolar, permitiendo só a baixada desde a Av. de Redondela ata a entrada do centro. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explicaba que “esta é unha demanda da Anpa do centro e o profesorado desde fai moito tempo. O noso compromiso é cumprir coa seguridade do alumnado nunha zona moi concurrida durante o horario lectivo e asegurar a correcta parada do transporte escolar”. Este cambio só afectará á entrada dos rapaces e rapazas ao colexio ás 8:30 horas ou 9:00 horas e á saída ás 13:30 horas ou 14:00 horas, correspondendo co horario oficial do centro escolar. A partir do mesmo día, 6 de febreiro, o Camiño Laredo de Abaixo tamén pasará a ser de dirección única na baixada ata a Rúa Manuel Rodríguez Casal, zona  do tunel que pasa por baixo da vía do tren.  Cumprindo tamén cunha solicitude da veciñanza dende hai anos debido ao estreitamento desa rúa.