Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Campamento Urbano 2020

Concello de Redondela
22-07-2020
0
Campamento Urbano 2020

A Concellería de Xuventude do Concello de Redondela organiza o Campamento urbano coa finalidade de proporcionar un recurso socio comunitario de apoio ás familias redondelás que permite e favorece a conciliación de responsabilidades familiares e laborais, durante o período non lectivo.

Este Campamento Urbano desenrolarase dende o 3 ao 28 de agosto, de 9:00 a 14:00 de Luns a Venres. Esta temporalización estará suxeita á normativa e medidas ditadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria polo COVID 19, pudendo sufrir variacións.

A poboación destinataria do Campamento son menores de Redondela con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos, incluíndo ás/aos menores que teñan a idade esixida no momento de publicación da convocatoria. 

O Campamento desenvolverase nas instalacións do IES Mendiño e comprende un máximo de 30 prazas por cada quenda de cinco días, coa seguinte temporalización:

Haberá distintas Quendas: 

1ª Quenda: Do 3 ao 7 de agosto de 2020, 30 prazas
2ª Quenda: Do 10 ao 14 de agosto de 2020, 30 prazas
3ª Quenda: Do 17 ao 21 de agosto de 2020, 30 prazos
4ª Quenda: Do 24 ao 28 de agosto de 2020, 30 prazos

Esta temporalización e número de quendas e prazas, estarán suxeitas á normativa e medidas d itadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria polo COVID 19, pudendo sufrir variacións.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 20 ao 28 de xullo ambos dous días incluídos. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello.

A documentación a presentar atópase nas Bases da propia convocatoria que se pode descargar nesta nova.

BASES CAMPAMENTO URBANO 2020

FICHA INSCRICIÓN CAMPAMENTO URBANO 2020

PROTOCOLO COVID-19 CAMPAMENTO URBANO 2020

LISTAXE ADMISIÓN CAMPAMENTO URBANO 2020

DECLARACIÓN SAÚDE COVID-19 CAMPAMENTO URBANO 2020