Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Listaxe de admitid@s para os campamentos urbanos para nen@s este verán

Concello de Redondela
02-08-2018
0
Listaxe de admitid@s para os campamentos urbanos para nen@s este verán

A Concellaría de Xuventude, dirixida por Julio Mougán abriu o pasado 17 de xullo o prazo de inscrición para participar nas catro quendas dos Campamentos Urbanos que se levarán a cabo nas semanas de agosto.

Terá lugar na Alameda de Redondela, na zona do palco de música, e está dirixido a nenas/os entre 4 e 12 anos incluíndo as/aos menores que cumpran as citadas idades dentro do período/s  solicitados coma preferente.

Ofértanse 30 prazas por semana

A LISTAXE DE ADMITIDOS pode consultarse aquí.

Desenvolverase entre os días 6 ao 31 de agosto de luns a venres en horario de 9:00 – 14:00 . Quendas:

  • 6 de agosto ao 10 de agosto.
  • 13 de agosto ao 17 de agosto.
  • 20 de agosto ao 24 de agosto.
  • 27 de agosto ao 31 de agosto.
     

As prazas adxudicaronse por orde de entrada das solicitudes no rexistro do Concello. Deuse preferencia aos participantes cuxo/a nai, pai, titor/a ou persoa responsable estea empadroada/o no Concello de Redondela cunha antigüidade de como mínimo un ano.

A distribución de participantes entre quendas realizouse atendendo ás preferencias marcada na solicitude.

O listado de admitidas/os poderase consultar na web www.redondela.gal  e no taboleiro do Concello.