Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Campamento de verano Agosto e Setembro

Concello de Redondela
22-07-2020
0
Campamento de verano Agosto e Setembro

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela organiza o Programa municipal de conciliación 2020 Convocatoria verán (Agosto e setembro) coa finalidade de proporcionar un recurso socio comunitario de apoio ás familias redondelás que permite e favorece a conciliación de responsabilidades familiares e laborais, permite integrar e posibilitar ao conxunto da poboación infantil redondelá o acceso ao mundo das actividades e o obxecto lúdico, posibilita ferramentas e situacións educativas que fomenten accións innovadoras na infancia redondelá e traballa dende unha perspectiva preventiva onde se poden detectar necesidades da poboación infantil redondelá.

Este ano, como resposta ás demandas e necesidades actuais das familias que deben facer fronte ás situacións extraordinarias derivadas do COVID-19, entre elas o peche dos centros educativos, o remate do curso escolar 2019-2020 de forma telemática e a volta ás clases presenciais no mes de setembro, e a progresiva incorporación á vida laboral e reinicio das actividades comerciais e de servizos, nalgúns casos sen posibilidade de teletraballo, foi necesario adaptar o Programa municipal de conciliación para a convocatoria de verán do presente ano á nova realidade e situacións xurdidas a partires do COVID-19, ampliando o tempo de prestación do servizo ata o mes de setembro, modificando os requisitos para adxudicación de prazas acorde coa situación laboral das familias e adaptando o desenvolvemento do Programa ás normativas, obrigas e recomendacións que diten as autoridades competentes no tratamento da pandemia polo COVID-19.

Este Programa desenvólvese do 3 de agosto ao 4 de setembro, de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Esta temporalización estará suxeita á normativa e medidas ditadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria polo COVID-19, pudendo sufrir variacións.

A poboación destinataria do Programa son menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, incluíndo ás/aos menores que teñan a idade esixida no momento de publicación da convocatoria. No caso de menores con necesidades educativas especiais avaliarase cada solicitude de maneira individual.

O Programa desenvolverase nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, O Viso, Reboreda, Saxamonde, Ventosela e Vilar de Infesta, ofertándose un total de 225 prazas. O número de prazas estará suxeito á normativa e medidas ditadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria polo COVID 19, pudendo sufrir variacións.


O prazo para a presentación de solicitudes será do 20 ao 28 de xullo ambos dous días incluídos. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello.

A documentación a presentar atópase nas Bases da propia convocatoria que se pode descargar nesta nova.

 

BASES CAMPAMENTO VERÁN AGOSTO E SETEMBRO 2020

FICHA INSCRIPCIÓN CAMPAMENTO VERÁN AGOSTO E SETEMBRO 2020

PROTOCOLO COVID-19 CAMPAMENTO CAMPAMENTO VERÁN AGOSTO E SETEMBRO 2020

DECLARACIÓN SAÚDE PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN AGOSTO

LISTAXE ADMISIÓN PMC 2020 AGOSTO