Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Aberta a solicitude para participar nos campamentos urbanos para nen@s de 2019

Concello de Redondela
23-06-2019
0
Aberta a solicitude para participar nos campamentos urbanos para nen@s de 2019

A Concellaría de Xuventude, abre o 27 de xuño ata o 12 de xullo o prazo de inscrición para participar nas catro quendas dos Campamentos Urbanos que se levarán a cabo nas semanas de agosto.

Terá lugar na Alameda de Redondela, na zona do palco de música, e está dirixido a nenas/os entre 4 e 12 anos incluíndo as/aos menores que cumpran as citadas idades dentro do período/s  solicitados coma preferente.

Ofértanse 30 prazas por semana.


  DESCARGAR A INSTANCIA DE INSCRICIÓN

DESCARGAR NORMAS DO CAMPAMENTO

Desenvolverase entre os días 6 ao 31 de agosto de luns a venres en horario de 9:00 – 14:00 . Quendas:

5 de agosto ao 9 de agosto.
12 de agosto ao 16 de agosto (excepto o 15 festivo).
19 de agosto ao 23 de agosto.
26 de agosto ao 30 de agosto.
 
As prazas adxudicaronse por orde de entrada das solicitudes no rexistro do Concello. Deuse preferencia aos participantes cuxo/a nai, pai, titor/a ou persoa responsable estea empadroada/o no Concello de Redondela cunha antigüidade de como mínimo un ano.

A distribución de participantes entre quendas realizouse atendendo ás preferencias marcada na solicitude.

O listado de admitidas/os poderase consultar na web www.redondela.gal  e no taboleiro do Concello.