Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Novo sorteo Campaña Solidaria do comercio de Chapela

concello de redondela
23-12-2021
0
 Novo sorteo Campaña Solidaria do comercio de Chapela

A campaña solidaria do Comercio de Chapela recada máis de 4.200 euros para axudar ás familias máis necesitadas da parroquia

A papeleta 06148 coincidente coas catro últimas cifras do Gordo de Navidad quedou sen vender polo que se realizará un novo sorteo o vindeiro martes 28 de decembro


Redondela, 23 de decembro de 2021. A campaña solidaria do Comercio de Chapela que buscaba recadar fondos para axudar ás familias máis necesitadas da parroquia, cumpriu o seu obxectivo ao ter conseguido vender 8.240 rifas das 10.000 que se puxeron a venda e recadando 4.210 euros que se destinarán á Cruz Vermella que o transformará en vales compra de alimentos para que, as familias destinatarias, os poidan utilizar en Froiz.

Dado que a papeleta 06148, cuxos números correspondían coas catro últimas cifras do primeiro premio do Gordo de Nadal (86148), non foi vendida, prégase ás persoas que mercaron papeletas que non as tiren, xa que poderán volver a probar sorte nun novo sorteo que se celebrará o 28 de decembro ás 21 horas no Pavillón de Chapela.

Para poder participar neste sorteo, as persoas interesadas deberán poñer, na parte posterior das das papeletas que posúan, o seu nome, apelidos e un teléfono de contacto. Esas papeletas introduciranse na urna que está colocada na farmacia Loli Pereiro situada preto do pavillón de Chapela. As persoas interesadas poderán depositar as súas papeletas ata unha hora antes do comezo do sorteo.

O martes, abrirase a urna en presenza da concelleira Olga García Ballesteros e dela sacarase unha papeleta que será a gañadora da extraordinaria Cesta de Nadal. As e os comerciantes de Chapela, lembran que só serán válidas as papeletas que teñan todos os datos correctamente escritos na parte posterior da rifa (nome, apelidos e teléfono de contacto).

Yoli, Andrea, Isa, Yolanda e Esther, promotoras da iniciativa, destacaron “o esforzo e empeño que puxeron os comercios en vender o maior número posible de rifas or esta boa causa”. Os resultado deste empeño foi que tan só quedaron sen vender 1.580 papeletas. Foron moitas horas dedicadas a ofrecer a amigos e clientes rifas a 50 céntimos que van permitir que moitas familias pasen unhas festas máis felices.

Digna Rivas animou aos veciños e veciñas a volver a tentar a sorte neste novo sorteo e destacou, unha vez máis, o que cualificou de “iniciativa exemplar que parte dun dos sectores, xunto coa hostalaría, máis duramente golpeados pola crise derivada da pandemia da COVID-19, que tiveron que pechar as portas dos seus establecementos, que precisaron de reinventarse para sobrevivir e agora, lembrándose deses momentos, tenden a man ás familias que máis o necesitan”. “Chapela ten un comercio para estar orgullosos e orgullosas”, concluíu Digna Rivas.

Os nomes da solidariedade

Diamond Lavado, Bar Los Amigos, Floristería Vidal, Talleres Redovigo, Restaurante Pinales, Bar Varayar, Agro Chapela, La Torta Chapela, Peluquería Disoleil, Construcciones Castro, Ana Escudero, Viguesa de Alfombras, Olímpio, Autoestuela Roda, Librería Acuario, Meraki, As Túas Causas, 24 Horas Chapela, Froiz Chapela, Pastelería Pili, Cafetería Enigma, Agencia de Seguros Ases, Peluquería Andrea Alonso, Eiki Cafetería, Chola y Manu, Fisioterapia Natura, Loli Pereiro, Café Bar Perry's, Zuo Yuang, Centro Estética MJ, Secreto Digital, Sofás Mar Confort, Faro de Vigo, Hostal Bahía de Chapela, Neumáticos Roni, Compra venta de coches Chapela, Reparto Pan Isa, Las Cositas de Rouss, Piscinas de Atlántico, Bar Cruceiro, Bar Lúa, La Pelu de Lara, Bacalaos Iglesias, Ortopedia del Automóvil, Talleres Neda Motor, Rectificados Chapela, Peluquería Alejandra Durán, Bar Piñeiro, Centro Veterinario Rías Baixas, Modas Marisa, Bar Nando, Ferretería Norio, Cafetería Baiuca, Terra Nai, Peluquería Marcos Atrio, Kiosko Chapela, Casa Cándido, Bazar Chapela, D'María, Kima Bay, Fians, Marina Huarte, Asesoría Vigo, Floristería Arealonga, Escarnabois Artesanía, La Nube, Frutería Gómez, Rochas Pan, Bar D'Otero, Cafetería Don Carlos, Eco Numar, Cantina CCR Chapela, Lamparilla de Oro, Mapfre, Viaxes 500 Millas, Frutería Manzano, RTV Álvarez, Droguería Chévere, Panadería Mazaroca, Felipe Alonso, Depesca, La Valeria, Peluquería Nuevas Ondas, Lis, Peluquería Leti'style, Ferretería Chapela, Peluquería Loli Barbará, Repainox, Casa Rei, Restaurante A Chavola, Pescanova.