Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela inicia as obras de canalización e iluminación do Camiño da Tafona

Concello de Redondela
23-08-2021
0
Redondela inicia as obras de canalización e iluminación do Camiño da Tafona

A Concellaría de Medio Ambiente de Redondela vén de iniciar as obras de canalización e iluminación do Camiño da Tafona, unha mellora moi demandada por centos de veciños que viven na parroquia de Reboreda. As obras, que suporán dúas semanas de execución, inclúen a canalización cunha tubería e arqueta e a instalación de 12 luminarias na zona. Segundo o concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, Roberto Villar, “con esta actuación no Camiño da Tafona vaise mellorar substancialmente a zona xa que se trata dun espazo moi transitado polas veciñas e veciños de Reboreda xa que comunica a zona do Canudo co centro urbán, evitando dar un rodeo dun quilómetro”.