Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Carla Acosta, integrante do grupo de participación Infantil e Xuvenil de Redondela Axentes do Cambio, vén de participar como poñente nas IV Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia

Concello de Redondela
16-12-2021
0
Carla Acosta, integrante do grupo de participación Infantil e Xuvenil de Redondela Axentes do Cambio, vén de participar como poñente nas  IV Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia

As IV Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia “Estratexias para a promoción da participación infantil e adolescente desde o local”

Este evento celebrouse telemáticamente os días 14 e 15 de decembro, e estaba dirixido a todas as persoas interesadas en fomentar a participación na súa localidade.

O encontro celebrouse co obxectivo de capacitar aos municipios de Galicia en políticas que promovan a participación infantil e adolescente, así como servir de espazo de encontro para que se podan por en común experiencias prácticas levadas a cabo a nivel municipal, que podan servir de exemplo e inspiración para os municipios que teñen o distintivo de Cidades Amigas da Infancia, como é o caso de Redondela.

Carla, alumna do IES Illa de San Simón, encargouse de presentar o manifesto que realizaron de forma conxunta, as nenas, nenos e adolecentes, de distintas localidades de Galicia, que participaron no III Encontro Galego de Consellos de Participación Infantil e Adolescente, auspiciado por UNICEF, que tivo lugar de xeito telemático no mes de outubro.

Ese manifesto recolle as conclusións do debate ao redor do cambio climático que fixeron dentro deste encontro. Ditas conclusións foron tamén expostas ante o Parlamento autonómico o pasado mes de novembro, dentro do IX Foro de Participación Infantil e Adolescente de Galicia, que celebrou este organismo en colaboración con UNICEF, e no que participou tamén Carla xunto con outras dúas representantes do grupo de representación redondelán: Teresa e mais Xiana.