Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Carreira Popular Día Internacional das Mulleres

Concello de Redondela
01-03-2019
0
Carreira Popular Día Internacional das Mulleres

REGULAMENTO BÁSICO


O vindeiro día 10 de marzo, ás 10:30 horas, terá lugar a  Carreira Popular Día Internacional das Mulleres, cun percorrido urbano de 3 km (dúas voltas ao circuíto). Esta proba está aberta a todo o público, cativos e maiores, e ten carácter popular. Non haberá clasificación nin cronometraxe.

As inscricións serán de balde.

A participación na carreira queda limitada a 300 persoas, e farase por rigurosa orde de inscrición.

As persoas participantes contarán cun seguro individual de accidentes deportivos.


Anímate e participa!

https://docs.google.com/forms/d/111qIr4W8DG54WzaxunrOgXPUIQ4vtMxrjxVkXUxSX_w