Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Carreira de orientación este domingo

Concello de Redondela
19-12-2019
0
Carreira de orientación este domingo

A concellería de Deportes e Xuventude, que dirixe Ignacio González Lago, convida á cidadanía a participar na Actividade de Orientación, que terá lugar o vindeiro domingo 22 de decembro.

Trátase dunha proba apta para tódolos públicos e condicións físicas, e as inscricións son de balde. Esta actividade de Orientación levará aos participantes a desenvolver un percorrido polo casco urbano de Redondela. A inscrición pódese facer de xeito individual ou en grupo (equipos), e existirán 3 categorías diferentes:

  • Toxiños (iniciación para nenas/os, se son menores de 9 anos deberán ir acompañados de un adulto)
  • Toxos (adultos ou nenas/os con maior dificultade física e técnica)
  • Toxeiras (categoríasó pensada para persoas con altos coñecementos en Orientación).

A proba dará comezo ás 10:30 dende a zona do MultiusosPraza Maior, e consistirá en atopar, en orde, unha serie de puntos (denominadas balizas), espalladas polo entorno urbano do Concello de Redondela. Para iso disporán dun mapa específicamente creado para este tipo de carreiras, e aínda que non se trata dunha proba competitiva, o equipo/persoa gañador será aquel que faga correctamente o seu percorrido no menor tempo posible. Os participantes contarán para isto cunha tarxeta electrónica que lle facilitará a organización, para comprobar que o percorrido é válido. Cabería salientar tamén que esta proba terá horarios de saída escalonados, de xeito que ningunha persoa/equipo sairá ao mesmo tempo que outra co mesmo percorrido.

Ao rematar a carreira, a organización disporá dun pequeno avituallamento para tódolos participantes, onde poderán comprobar en tempo real os resultados. Ignacio González Lago adianta que se trata dunha actividade apta para todas as idades e fai extensivo o convite ás familias que poden participar como equipo. As inscricións poderán facerse, ata o vindeiro xoves 19/12 ás 22hs, na páxina www.toxoaventura.com/inscricions/ori_redondela_nadal/