Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O cemiterio dos Eidos galardoado como o máis bonito de España

Concello de Redondela
22-11-2022
0
O cemiterio dos Eidos galardoado como o máis bonito de España

A gala de entrega do premio ten lugar en Casa America na plaza de Cibeles Madrid este martes, 22 de novembro, nun acto que contará coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, en representación do concello, ven de recoller o VII premio ao ‘cemiterio máis bonito de España’ convocado pola revista Adiós Cultural dentro do seu certame anual. Con este galardón preténdese recoñecer publicamente o valor histórico, social, ambiental, artístico e patrimonial dos cemiterios de España.

“O cemiterio dos Eidos non só é o máis bonito de España, senón que está recoñecido como cemiterio histórico e forma parte do noso patrimonio. Esta é unha gran oportunidade para ensinarlle ao resto do mundo a nosa cultura e a nosa historia”, explicaba Rivas.

A gala de entrega do premio ten lugar en Casa America na praza de Cibeles Madrid este martes, 22 de novembro, ás 12 horas nun acto que contará coa presenza de Jesús Pozo, periodista e presidente da revista Adiós cultural; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e concelleira de Turismo María castro; así como os representantes municipais do resto de galardoados entre os que se atopa Valencia ou Bilbao. A xornalista e presentadora de Televisión Española Ana Blanco será a encargada de presentar a gala que contará, amais, coa presenza do director de Funespaña, Ramón Llaona.

Compre lembrar que o Goberno presidido por Digna Rivas rehabilitou por completo o Cemiterio dos Eidos, un espazo totalmente degradado, obxecto do máis absoluto dos abandonos por parte dos anteriores gobernos, “devolvéndolle o seu esplendor e poñendo en valor a importancia que, dende o punto de vista histórico e patrimonial, ten este cemiterio, considerado como Cemiterio Histórico pola Deputación de Pontevedra e que aspira a entrar na lista de Cemiterios Singulares de Europa”, conclúe a rexedora local.

Outros galardoados: Cemiterio General de Valencia. Mellor cemiterio; Cemiterio Municipal de Bilbao. Mellor iniciativa ambiental; Cemiterio Municipal A Carriona de Avilés. Mellor monumento; Cemiterio de Balea de Castro Urdiales. Mellor actividade pública realizada no cemiterio

Cemiterio de Os Eidos de Redondela. Cemiterio máis bonito.

Recentemente rehabilitado, está considerado hoxe en día cemiterio histórico pola Deputación de Pontevedra e aspira a entrar na lista de cemiterios singulares de Europa. Este camposanto conta con 724 sepulturas repartidas en 147 parcelas. 126 desas tumbas atópanse no chan. A máis antiga é de 1860 e a máis moderna de 1988. Actualmente, este cemiterio xa non ten capacidade para acoller a máis defuntos. Vos Eidos conta con numerosos panteóns e mausoleos que foron construídos no século XIX, nunha época de esplendor para Redondela polo comercio internacional. As tumbas eran unha mostra de poder e os arquitectos da época deseñaban propostas únicas para cada familia. Os panteóns foron elaborados por canteiros da zona e teñen un gran valor artístico e histórico.

Dende a primeira edición do concurso, en 2014, este Concurso de Cemiterios de España converteuse nun dos eventos culturais máis importantes do sector funerario e nun referente para os concellos, que levan anos priorizando o coidado dos seus cemiterios e promovéndoos como espazos integrados na cidade que merecen ser visitados. A iniciativa busca recoñecer o interese histórico, social, artístico e patrimonial dos cemiterios españois. Nesta edición, a entrega de premios realizarase en Madrid o día 22 de Novembro no marco incomparable do Palacio de Linares (Casa América).

Pola súa banda, revísta “Adiós cultural”, editada polo Grupo Funespaña desde 1996, realizou un importante labor de concienciación á cidadanía sobre a importancia patrimonial que albergan os recintos. Como resultado da enorme repercusión mediática das anteriores convocatorias, conseguiu fomentar os cemiterios como recursos turísticos nos pobos participantes, para reivindicalos como lugares cheos de vida e do recordo da xente que os habitou.