O Concello de Redondela pon en marcha de novo a entrega de composteiros individuais (coin) do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
A Concellería de Medio Ambiente comeza esta semana coa inscrición previa para unhas charlas de compostaxe doméstica onde os participantes recibiran un composteiro individual e un manual. O concello de Redondela recibiu cerca de 160 unidades de composteiros do plan Revitaliza onde se comprometeu a facerse cargo da recollida, transporte, reparto e proporcionar a formación necesaria para que a veciñanza reciba os mesmos. A realizar o seguimento dos composteiros repartidos, con visitas aos domicilios que dispoñan destas unidades, durante o ano posterior a sua entrega. Está previsto comezar coas charlas e entrega das unidades de compostaxe o venres 29 de novembro ás 19:30 horas no Multiusos de Chapela e o martes 3 de decembro ás 11:00 horas no Multiusos de Redondela, para facilitar a asistencia da veciñanza.
O requisitos para participar son :
-Inscrición previa:
- Estar empadroada ou empadroado no Concello de Redondela
- Achega da referencia catastral onde van a colocarse os composteiros
- Declaración responsable sobre o uso dos composteiros
MODELO DE CESIÓN DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL DE EXTERIOR (COINEX) NO CONCELLO REDONDELA
Preme aquí e consulta o teu