Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Charla formativa: Establecemento de normas e límites

Concello de Redondela
06-03-2018
0
Charla formativa: Establecemento de normas e límites

O Concello de Redondela xunta coa Asociación Érguete dentro do seu Programa de Prevención de Drogas organiza unha charla para as familias con fillos/as en idade escolar.

A charla está enmarcada no Programa Máis que un Teito dentro da Carteira de Servizos en Materia de Prevención do Plan de Galicia sobre Drogas da Xunta de Galicia.

Os obxectivos da charla son:

· Proporcionar información sobre a importancia de establecer normas e límites

· Analizar as dificultades que se atopan as familias á hora de establecer normas e límites

· Promover e reforzar os factores de protección familiar, ó tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados co consumo de drogas

· Mellorar as habilidades educativas e de comunicación das familias, así como a calidade da información sobre drogas.