Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Charla sobre resolución de conflictos para familias

Concello de Redondela
14-05-2018
0
Charla sobre resolución de conflictos para familias

A Asociación Érguete leva a cabo o Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Adictivas da Xunta de Galicia no Concello de Redondela. Neste Proxecto consta o Programa “Máis que un teito” que ten por obxectivos:

· Promover e reforzar os factores de protección familiar, ó tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados neste ámbito
· Mellorar as habilidades educativas e de comunicación das familias
· Mellorar a calidade da información sobre drogas da que dispoñen as familias
· Mellorar as actitudes educativas e preventivas das familias

O Martes 22 de Maio do 2018 ás 19.00 horas levaremos a charla “Resolución Axeitada de Conflictos” ao Multiusos da Xunqueira, que estará destinada ás familias con fillos/as das etapas infantil e primaria.

Os obxectivos desta charla son:

× Reflexionar e analizar os diferentes conflictos que teñen lugar no ámbito familiar
× Coñecer estratexias de intervención ante a posible aparición de conflictos familiares
× Identificar os érros habituais á hora de resolver conflictos
× Establecer as bases para conseguir unha comunicación efectiva
× Ofrecer pautas de negociación entre país/nais e fillos/as